fuxidío mañá

Rodrigo Osorio Guerrero. (Ponferrada, León, 1977)
É socio de Zocamiñoca, cooperativa de consumo responsábel,
membro do do Instituto Resiliencia; asesor de 15/15\15, revista para
unha nova civilización.
Colabora ocasionalmente coa bitácora «Saber sustentar» que publica
O Salto.
Tamén fai parte do colectivo lugrisán In Nave Civitas e da
comparsa As Orzaneiras.
En 2021, recuperou e foi o editor literario do discurso co que
Urbano Lugrís González ingresou na Academia Galega, en 1953: Orixe
orzánica das sereas todas.
Fuxidío mañá é un proxecto artístico que bebe das fontes do
«conservadorismo revolucionario» e que, no medio e medio das crises da
nosa civilización (climática, enerxética, alimentar), quere pór en
evidencia a necesidade de «colapsar mellor» para evitar o «futuro
perfecto» que anuncian (e agachan) os medios de comunicación.
Os seus versos pretenden colocar algúns obstáculos na vía para
facer descarrilar o «tren do progreso».