desobediencia civil:
a protesta ecopacifista

Non todo vai ser relaxar a cabeza por iso nesta Muinhada imos falar de cousas serias e pode que prácticas para o futuro inmediato. Unha palestra sobre desobediencia civil. Un movimento internacional de corte ecopacifista que se ten dando en culturas e escenarios ben diferentes.
Nesta palestra contaremos coa presencia de:
Carolyn Purslow estivo visitando o campamento de Grrenhan Common en varias ocasións e faceranos un relato do que significou o campamento de mulleres durante as dúas décadas que durou. Embracing de base, 1982.
Lidia Senra foi Secretaria Xeral do SLG-CCLL, eurodiputada no Parlamento Europeo e actualmente é a presidenta do Colectivo Berro Seco. Lidía falará entre outras cousas da desobediencia civil protagonizada polos labrego-gandeiros galegos contra a cuota empresarial e contra as cuotas do leite.
Miguel Anxo Abraira é un coñecido activista social en áreas como o anti-militarismo (insubmiso ao exercito español) medio-ambiente (defensa das Fragas do Eume, do Río Miño, ...), a cultura (membro impulsor do Frionorostro, Muinhada,..), a defensa do territorio, ... Actualmente é presidente da Rede para o Decrecemento. Tamén é membro do Colectivo Berro Seco e autor principal do seu manual de obxección de conciencia e insubmisión á guerrra.